mércores, 30 de outubro de 2019

Coñecendo Canadá 🇨🇦

Hi everyone!

Ademais das clases nas escolas asignadas, o programa PIALE inclúe certas actividades obrigatorias como medio para traballar  a inmersión lingüística no país: unha obra de teatro, unha excursión a Montreal, unha actividade de escape room, a visita a unha granxa...

Concerto de bandas sonoras de John Williams por parte da Orquestra Nacional de Canadá no CNA de Ottawa.

Obra de teatro.

Pero ademais disto, as fins de semana son o momento ideal para que os profesores exploremos outras cidades. O maior problema son as longas distancias, tanto dentro da cidade de Ottawa como coas capitais próximas. Para que vos fagades unha idea, a viaxe de Ottawa a Toronto leva unhas seis horas en coche, sen contar co tráfico para entrar en dita cidade. Temos a sorte de ter varios compañeiros que se ofrecen a conducir.

Esta fin de semana fixemos un road trip e fomos a Toronto!

A CN Tower.


Contraste de estilos arquitectónicos.

A fonte dos cans...podedes ver o intruso?
En Toronto subimos á CN Tower, o edificio máis alto do mundo ata hai ben pouco, e ceamos no seu restaurante xiratorio (dá unha volta completa cada 57’). É considerada unha das sete marabillas do mundo moderno.
A CN Tower.

Vistas  da cidade desde a CN Tower.

Datos sobre a altura da CN Tower.


Ao día seguinte visitamos unha das sete marabillas naturais do mundo: as cataratas do Niágara. Vímolas desde arriba, desde o barco e logo algúns de nós subimos ao aero car que cruzaba o canón  do río. A sensación de estar alí e sentir tal cantidade de auga caendo  tan preto de nós foi impresionante.










martes, 29 de outubro de 2019

A vida no colexio canadiense II 🇨🇦

Hello everybody!

Seguimos en Ottawa cun tempo estupendo, chegando a acadar os 17º estes días. Aínda non chegou a neve, pero espero poder vela antes de volver a España.
A semana pasada rematei o meu paso pola aula de 1st & 2nd grade, cos que me tocou facer un simulacro de evacuación do autobús escolar. Aquí en Canadá non hai monitores de autobús, polo que soamente vai o conductor con eles. Isto implica que, se hai unha emerxencia e este resulta ferido, os nenos e nenas teñen que tomar o control da situación por pequenos que sexan: avisar por radio, cortar o cinturón do conductor...
Os simulacros tómanse moi en serio.

A seguridade nas escolas é algo que está moi presente, chegando a evitar facer certos xogos en educación física por falta de elementos protectores. Por exemplo, non poden xogar ao bádminton se non usan lentes protectoras...



Esta semana estou na clase de 5th & 6th grade. Onte xa puiden comprobar que a clave aquí é o tratamento das emocións, o autoconcepto, a autoestima... As necesidades do alumnado están por enriba de todo e calquera  actividade é boa para reflexionar sobre o respecto mutuo.
Por exemplo, onte na clase tiñan un pre-test de matemáticas e a mestra díxolles que como xa levaban unha sesión de clase, podían tomar un snack. E alí  estaban comendo un bocata mentres facían o test! Teñen moi en conta que o cerebro necesita enerxía para ter un bo rendemento e por iso os deixan comer cando o precisan.





Pero non todo é diferente ao noso sistema. Eles non teñen Edixgal, pero si teñen caixas de carga con portátiles en todas as aulas. Onte, por exemplo, os rapaces e rapazas de sexto estaban a investigar cada un sobre unha ONG para posteriormente facer un discurso sobre a mesma, de maneira que saia unha delas escollida nunha votación, pasando despois a facer unha recollida de donativos para a ONG elexida. Un claro exemplo de Aprendizaxe por servizos.
A comunidade e a cidadanía son aspectos clave da educación en Canadá.








xoves, 24 de outubro de 2019

A vida cotiá na aula 🇨🇦

Hi everybody!

Quero compartir con vós varios aspectos da vida cotiá na aula aquí no meu colexio canadiense.
Esta semana estou na clase dos grupos de 1º e 2º. Nesta escola os cursos están agrupados por ciclos, pois teñen pouco alumnado.

O alumnado comeza as clases ás 9:00, pero antes toca cantar o himno do país. Isto implica que, estean onde estean, deben poñerse en pé e cantalo, amosando respecto. Antes diso, xa deben ter cambiado o calzado para entrar na aula. Teñen calzado para estar dentro e calzado para o patio.

 Ao longo da mañá, as sesións repártense en lingua, matemáticas, francés e E.F. Cada día hai unha sesión que vai rotando entre drama, danza, música, saúde e plástica. Aquí nas escolas primarias non teñen especialistas, os titores son os que imparten todas as materias agás francés.

Teñen dous descansos para almorzar, seguidos doutro para xogar. O “lunch” faise nunha aula e o “break” faise fóra, chova ou neve.

Como vedes a continuación, pasan a maior parte do día xogando. Non teñen libros de texto nin fichas. De momento, no tempo que levo aquí, levan traballando toda a semana o mesmo contido, engadindo dificultade e interrelacionando outras aprendizaxes:

-Lingua: están traballando o son “it” os de grade 1, e o son /au/ “ou” os de grade 2.
-Matemáticas: están traballando con numeración, adición e sustracción. Levan toda a semana aprendendo a facer unha gráfica con exemplos reais e palpables, analizando a información e coñecendo novo vocabulario.
-Sociais: están a debuxar o plano do escenario que aparece nunha das súas lecturas.

Ademais, está mestra fai os venres de xogos, pero cualquera neno ou nena pode coller un se acabou a tarefa e poñerse a xogar.






Board games
Facendo un plano
Facendo unha gráfica coas lunch bags 









Xogos de spelling





mércores, 23 de outubro de 2019

A educación emocional na escola canadiense 🇨🇦

Hi everyone!

Nas escolas canadienses o alumnado e as súas emocións teñen un papel esencial. Por todas partes hai carteis que lembran a importancia de ser amable cos demais e de ser bo cidadán.
As frases motivadoras tamén están presentes en cada recuncho.


Hall de entrada.

Teléfono de axuda á infancia.


Ademais, téñense en conta o benestar e as necesidades dos rapaces e rapazas, permitíndolles na maioría das escolas comer cando teñen fame...si, comer na clase unhas albóndigas ou un bocata mentres traballan. De momento, na aula que estou agora soamente vin como algúns alumnos traen o almorzo (algo semellante ao noso programa de madrugadores) e remátano na clase.
No patio de recreo teñen un banco da amizade, onde se sientan aqueles/as que non teñen con quen xogar para que alguén se achegue e os inclúa no xogo.

martes, 22 de outubro de 2019

As eleccións canadienses 🗳


Hello everybody!

Aquí en Canadá celebráronse as eleccións o luns 21 de outubro.
O sistema político é a democracia parlamentaria e a súa monarca é a raíña Elizabeth II de Inglaterra. O primeiro ministro actual é Justin Trudeau, que se presentoua á reelección e saíu victorioso (pero sen unha maioría absoluta), vendo perigar esta por unhas fotos súas do pasado disfrazado de afroamericano (neste país tan respetuoso coa diversidade, está moi mal visto pintar a cara para disfrazarse de persoa africana, chinesa...).
O Senado.




Oficina do Prime Minister


No breve tempo que levo en Ottawa houbo varias cousas que me chamaron a atención:

- A xente  pode votar con antelación para evitar aglomeracións o día das eleccións. Para iso abren antes unhas cantas polling stations.
- Vótase en día laborable.
- A xente pon un letreiro no seu xardín indicando a quen votou. En España isto sería impensable... Incluso hai un cartel para aqueles que votan en branco!


Nas escolas canadienses danlle moita importancia a ser un bo cidadán e na biblioteca da miña  escola atopei estes libros sobre cidadanía. Hai que ter en conta que Canadá é un país formado maioritariamente por inmigrantes, cunha cultura baseada no respecto e a convivencia ante todo. De feito, incluso poden multarte por usar unha linguaxe racista, despectiva ou malsoante.