Hello everybody!
Este venres o distrito escolar levounos a Montreal, cidade situada na provincia de Québéc, onde o francés é o primeiro idioma. Montreal está a unhas tres horas en coche de Ottawa, aproximadamente.
A medio camiño fixemos unha parada na
Sucrerie de la Montagne, unha refinerÃa artesanal de sirope de arce. Fan furados no tronco da árbore e poñen un caldeiro para que vaia recollendo a savia. Cada dÃa recollen medio caldeiro. Logo póñeno nunha máquina que quentan queimando madeira e na que se vai facendo o sirope.
|
Probando o xeo con maple syrup |
Na
Sucrerie tiñan un almorzo canadiense preparado para nós, con música en directo e sirope de arce para probar. O mal tempo fixo que se fose a luz e tiveramos que almorzar á luz das candeas, pero o ambiente era moi acolledor.
|
Meat pie |
|
Canadian breakfast |
Xa en Montreal, coñecimos a cidade subterránea, unha especie de corredores entre os edificios do centro polos que vai a xente cando chove ou vai frÃo fóra. Teñen calefacción, tendas, restaurantes, exposicións de arte, pianos e xogos.
|
Lipstick trees |
|
A Organización Internacional da Aviación Civil ten a súa sé en Montreal. |
|
Un anaco do muro de BerlÃn. |
Leváronnos ao Mont Royal e desde alà observamos as vistas da cidade. Logo bastantes profesores quedamos en Montreal para pasar a fin de semana.
Visitamos a Catedral de Nôtre Dame, un edificio que é unha copia do Empire State Building, un banco reconvertido en cafeterÃa...e aprendimos que ningún edificio pode ser máis alto que a colina do Mont Royal.
|
Un banco reconvertido en cafeterÃa. |
|
Nôtre Dame |
O sábado fomos de excursión a Québéc, a cidade. En Canadá está nos medios de comunicación ultimamente porque están a pedir a independencia, algo similar ao que sucede en España con Cataluña, pero de xeito menos rechamante. Teñen a súa propia bandeira, azul e branca coa flor de Lis, sÃmbolo da súa identidade francesa.
Disque Québéc é a cidade canadiense máis europea, e non están equivocados. As súas rúas recordan moito ás de Luxemburgo ou Francia, cheas de tendas pequeniñas con carteis moi elaborados, un funicular, un edificio con forma de castelo e un forte.
É a única cidade fortificada de Canadá.