luns, 11 de novembro de 2019

Museos de Ottawa 🇨🇦

Hi everyone!

Hoxe quero falarvos dos museos de Ottawa que visitei neste tempo. Todos finalizan o seu horario de visitas ás 17:00, polo que saíndo do colexio ás 15:30 e tendo que desplazarse longas distancias non fai doado poder visitalos con calma. Con todo, os xoves pola tarde son gratuitos de 17:00 a 20:00, polo que é unha boa alternativa.
Aquí podedes ver algunhas fotos dos que visitei.
  • War Museum: o museo da guerra
O edificio





O coche de Hitler



  • Museum of Nature: o museo de historia natural
O edifício







  • Science and technology museum: o museo de ciencia e tecnoloxía
O edificio 




  • History Museum: o museo das civilizacións ou museo da historia

Terry Fox, un heroe en Canadá


Referéndum para a independencia de Québec

martes, 5 de novembro de 2019

Coñecendo Canadá II 🇨🇦


 Hello everybody!

Este venres o distrito escolar levounos a Montreal, cidade situada na provincia de Québéc, onde o francés é o primeiro idioma. Montreal está a unhas tres horas en coche de Ottawa, aproximadamente.
A medio camiño fixemos unha parada na Sucrerie de la Montagne, unha refinería artesanal de sirope de arce. Fan furados no tronco da árbore e poñen un caldeiro para que vaia recollendo a savia. Cada día recollen medio caldeiro. Logo póñeno nunha máquina que quentan queimando madeira e na que se vai facendo o sirope.




Probando o xeo con maple syrup 

Na Sucrerie tiñan un almorzo canadiense preparado para nós, con música en directo e sirope de arce para probar. O mal tempo fixo que se fose a luz e tiveramos que almorzar á luz das candeas, pero o ambiente era moi acolledor.


Meat pie
Canadian breakfast


Xa en Montreal, coñecimos a cidade subterránea, unha especie de corredores entre os edificios do centro polos que vai a xente cando chove ou vai frío fóra. Teñen calefacción, tendas, restaurantes, exposicións de arte, pianos e xogos.
Lipstick trees 


A Organización Internacional da Aviación Civil ten a súa sé en Montreal.


Un anaco do muro de Berlín.


Leváronnos ao Mont Royal e desde alí observamos as vistas da cidade. Logo bastantes profesores quedamos en Montreal para pasar a fin de semana.



Visitamos a Catedral de Nôtre Dame, un edificio que é unha copia  do Empire State Building, un banco reconvertido en cafetería...e aprendimos que ningún edificio pode ser máis alto que a colina do Mont Royal.

Un banco reconvertido en cafetería.

Nôtre Dame



O sábado fomos de excursión a Québéc, a cidade. En Canadá está nos medios de comunicación ultimamente porque están a pedir a independencia, algo similar ao que sucede en España con Cataluña, pero de xeito menos rechamante. Teñen a súa propia bandeira, azul e branca coa flor de Lis, símbolo da súa identidade francesa.

Disque Québéc é a cidade canadiense máis europea, e non están equivocados. As súas rúas recordan moito ás de Luxemburgo ou Francia, cheas de tendas pequeniñas con carteis moi elaborados, un funicular, un edificio con forma de castelo e un forte.
É a única cidade fortificada de Canadá.








luns, 4 de novembro de 2019

Halloween! 🎃

Hi everyone!

Feliz Samaín e happy Halloween!
En Ottawa as cousas estanse a poñer tenebrosas e escuras... Halloween xa está aquí e a cidade xa está decorada con esqueletos, cabazas, monstros... Hai veciños que o toman moi en serio e fan unhas decoracións espeluznantes!









Nesta noite os nenos e nenas disfrázanse e van polo vecindario preguntando Trick or treat? pedindo doces e gominolas. Eu fun coa nena da miña host family a pedir doces...pero case non había rapazada porque chovía moitísimo.


Ademais, na miña escola estivemos a preparar unha casa encantada para que os alumnos e alumnas se divertiran ese día. Os rapaces de grade 5 & 6 son os encargados de guiar aos pequenos nas diferentes estacións: adiviñar co tacto, a pitonisa, o labirinto, manualidades, mesturar apócemas...