mércores, 30 de outubro de 2019

Coñecendo Canadá 🇨🇦

Hi everyone!

Ademais das clases nas escolas asignadas, o programa PIALE inclúe certas actividades obrigatorias como medio para traballar  a inmersión lingüística no país: unha obra de teatro, unha excursión a Montreal, unha actividade de escape room, a visita a unha granxa...

Concerto de bandas sonoras de John Williams por parte da Orquestra Nacional de Canadá no CNA de Ottawa.

Obra de teatro.

Pero ademais disto, as fins de semana son o momento ideal para que os profesores exploremos outras cidades. O maior problema son as longas distancias, tanto dentro da cidade de Ottawa como coas capitais próximas. Para que vos fagades unha idea, a viaxe de Ottawa a Toronto leva unhas seis horas en coche, sen contar co tráfico para entrar en dita cidade. Temos a sorte de ter varios compañeiros que se ofrecen a conducir.

Esta fin de semana fixemos un road trip e fomos a Toronto!

A CN Tower.


Contraste de estilos arquitectónicos.

A fonte dos cans...podedes ver o intruso?
En Toronto subimos á CN Tower, o edificio máis alto do mundo ata hai ben pouco, e ceamos no seu restaurante xiratorio (dá unha volta completa cada 57’). É considerada unha das sete marabillas do mundo moderno.
A CN Tower.

Vistas  da cidade desde a CN Tower.

Datos sobre a altura da CN Tower.


Ao día seguinte visitamos unha das sete marabillas naturais do mundo: as cataratas do Niágara. Vímolas desde arriba, desde o barco e logo algúns de nós subimos ao aero car que cruzaba o canón  do río. A sensación de estar alí e sentir tal cantidade de auga caendo  tan preto de nós foi impresionante.










Ningún comentario:

Publicar un comentario