xoves, 24 de outubro de 2019

A vida cotiá na aula 🇨🇦

Hi everybody!

Quero compartir con vós varios aspectos da vida cotiá na aula aquí no meu colexio canadiense.
Esta semana estou na clase dos grupos de 1º e 2º. Nesta escola os cursos están agrupados por ciclos, pois teñen pouco alumnado.

O alumnado comeza as clases ás 9:00, pero antes toca cantar o himno do país. Isto implica que, estean onde estean, deben poñerse en pé e cantalo, amosando respecto. Antes diso, xa deben ter cambiado o calzado para entrar na aula. Teñen calzado para estar dentro e calzado para o patio.

 Ao longo da mañá, as sesións repártense en lingua, matemáticas, francés e E.F. Cada día hai unha sesión que vai rotando entre drama, danza, música, saúde e plástica. Aquí nas escolas primarias non teñen especialistas, os titores son os que imparten todas as materias agás francés.

Teñen dous descansos para almorzar, seguidos doutro para xogar. O “lunch” faise nunha aula e o “break” faise fóra, chova ou neve.

Como vedes a continuación, pasan a maior parte do día xogando. Non teñen libros de texto nin fichas. De momento, no tempo que levo aquí, levan traballando toda a semana o mesmo contido, engadindo dificultade e interrelacionando outras aprendizaxes:

-Lingua: están traballando o son “it” os de grade 1, e o son /au/ “ou” os de grade 2.
-Matemáticas: están traballando con numeración, adición e sustracción. Levan toda a semana aprendendo a facer unha gráfica con exemplos reais e palpables, analizando a información e coñecendo novo vocabulario.
-Sociais: están a debuxar o plano do escenario que aparece nunha das súas lecturas.

Ademais, está mestra fai os venres de xogos, pero cualquera neno ou nena pode coller un se acabou a tarefa e poñerse a xogar.






Board games
Facendo un plano
Facendo unha gráfica coas lunch bags 









Xogos de spelling





Ningún comentario:

Publicar un comentario