venres, 18 de outubro de 2019

Chegada ao colexio canadiense 🏫 🇨🇦

Hello everybody!

Onte comecei as clases no centro escolar Cambridge Street Community Public School, situado no barrio de Chinatown, bastante preto do centro de Ottawa (tendo en conta as longas distancias que se manexan  nesta cidade).

É unha escola pequena, na que están a perder alumnado pola reconfiguración urbanística da zona. Actualmente hai menos de 100 alumnos e na educación primaria están agrupados por ciclos.
Onte puiden comprobar como nunha clase duns 20 alumnos/as os seus países de orixe son tan diversos como: Tailandia, Birmania, Arabia Saudí, Siria, China, Vietnam, Canadá, India...
Este é un colexio de lingua inglesa como segundo idioma, sen inmersión en francés (outra das razóns polas que perdenalumnado, xa que aquí se queres ter un bo traballo debes ser bilingüe en inglés e francés).

Aquí vos ensino algunhas fotografías que puiden sacar no meu primeiro día. Xa vos irei contando os aspectos que me están a resultar curiosos da vida escolar aquí como, por exemplo, que vén xente voluntaria a axudar nas aulas.




Agora marcho á Embaixada Española a ver se nos deixan votar por correo nas eleccións do 10-N!


Ningún comentario:

Publicar un comentario