martes, 22 de outubro de 2019

A vida diaria na escola 🏫

Hi everyone!

Hoxe foi o meu terceiro día na escola canadiense e a miña  mestra non estaba, polo que veu unha mestra substituta. Aquí cada día que falta un profe mandan alguén, polo que non son os profes dese colexio os que o substitúen.
Como vantaxe, os profes teñen sempre sesións de traballo persoal é o alumnado sempre ten un mestre. Como contrapartida, ao ir cada día a unha escola diferente do distrito, estes mestres substitutos non coñecen o alumnado.










Así pois, hoxe puiden axudar un pouco máis na clase, acompañando aos pequenos na súa tarefa.
Aquí nas escolas o horario é moi distinto ao noso. Teñen dous descanso para comer seguidos doutro de recreo, as sesións de dúas horas aproximadamente e, sobre todo, aprenden xogando.
Outro aspecto diferente e que seguro lle encantaría aos nosos alumnos/as é que teñen e clase de Physical Education todos os días!


Ningún comentario:

Publicar un comentario