sábado, 5 de outubro de 2019

Comezo do PIALE: Fase A 📝📚💬

Ola a todos e todas!

Onte tocou despedirse dos alumnos e alumnas para dar comezo á miña experiencia PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) co convencemento de que os vou botar moito de menos, pero tamén de que chegarei cargadiña de novas ideas para aplicar con eles e co resto do colexio.

Este luns comezamos a Fase A, consistente nun curso de actualización do idioma inglés, neste caso, en Vigo. Ademais, teremos unha xuntanza en Santiago para ultimar os preparativos da viaxe.

Ao longo do mes irei subindo ao blog aqueles aspectos da cultura canadiense que me chamen a atención, así como as peculiaridades do sistema educativo daquel país, dentro do plan de difusión que debo realizar á miña volta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario